domingo, 5 de febrero de 2023

Como a intelixencia artificial está revolucionando o mundo financeiro

Marco González Jorge, curso 2022-23

A intelixencia artificial (IA) estase convertendo nunha ferramenta cada vez más valiosa no mundo financeiro. Desde a automatización de procesos hasta a toma de decisións, a IA está axudando as institucións financeiras a ser máis eficientes, precisas e rendibles.

De seguro que escoitaches falar da IA con anterioridade pero non tes unha concepción exacta do que se trata, pois ben,  non existe unha definición aceptada por todos os expertos do que significa; primeiro, porque é unha ciencia bastante nova, cambiante e experimental e, segundo, porque nin sequera podemos definir con exactitude que é a intelixencia humana. Aínda así podemos dicir que se trata de sistemas informáticos que realizan análisis de datos e, a partir de estos, toman decisións similares ás dos seres humanos.

Como se aplica no mundo das finanzas?

Comezarei por facer unha introdución da IA no mundo financeiro para logo ir especificando máis as súas virtudes. A industria financeira foi a pioneira no momento de implementar o uso das novas tecnoloxías (surdindo o termo Fintech), como é o caso da IA e as ferramentas de aprendizaxe automática, que se posicionan entre as primeiras na clasificación das tecnoloxías máis revolucionarias no mercado financeiro. Teñen a capacidade de sistematizar e automatizar tarefas incrementando a eficacia dos procesos. Nesta nova era, as distintas entidades bancarias, na súa maioría, son conscientes das vantaxes que supón a implementación da IA para o negocio financeiro.

Dentro da IA, a aprendizaxe automática ou machine learning (ML) é un subconxunto de técnicas que permiten usar modelos matemáticos para que os computadores aprendan automaticamente a partir dunha serie de datos existentes sen instrucións directas. A ML ten un beneficio potencial na área financeira, xa que, por exemplo, pode calcular con maior precisión o cociente de falta de pagamentos. Na prevención da fraude e o control do branqueo de capitais, é probablemente onde máis se estendeu a posta en produción de modelos de ML. Pero existen moitos máis campos nos que a IA ten unha función importante dentro de este sector.

1.     1. Atención personalizada en liña

A tecnoloxía está a facer que as oficinas físicas desaparezan xa que non ofrecen un servizo cunha resposta tan inmediata. Podémolo observar a través das numerosas aplicacións e plataformas que permiten realizar transaccións, revisar balances, programar pagos, etc.

2.    2. Servizos de investimento

Coas ferramentas que proporciona a IA os investidores deixaron de “xogar” co seu diñeiro, grazas a que mediante uns algoritmos de alta frecuencia de investimento, que  monitorizan a información en tempo real e axudan a tomar as decisións de investimento.

3.    3. Decisións de crédito

Cando se concede un crédito requírese a avaliación do risco de falta de pagamento (default), e grazas á IA pódense tomar decisións mellor informadas e cun custo moito menor.

4.     4. Xestión de risco

Una das maiores problemáticas para a entidades financeiras é avaliar o risco que con leva un crédito (rating). Utilizando a IA pódense realizar análises en tempo real que elaboran predicións fiables, en base a algoritmos que son capaces de procesar inxentes cantidades de datos estruturados e non estruturados en pouco tempo.  Así podemos obter unha visión en tempo real do risco e axilizar a toma de decisións.

5.     5. Prevención de fraude

Por mor da expansión do uso do comercio electrónico cada vez son máis frecuentes as fraudes, a IA é capaz de analizar comportamentos dos usuarios, hábitos de compra e localización, con esta información pode detectar posibles fraudes.

Só existen vantaxes... ou tamén ten desvantaxes?

En primeiro lugar, quero destacar que a súa principal fortaleza sería a precisión na prevención de fraudes ou o deseño de alertas temperás por posible falta de pagamentos, a precisión na predición é un punto a favor dos ML, dado que queremos dar unha maior prioridade á identificación temperá dun suceso en lugar de coñecer os factores da súa aparición.

Por outra banda, a debilidade que podería mencionar sería a interpretabilidade na concesión de préstamos xa que, tanto en Europa como en Estados Unidos as entidades están obrigadas a explicar o motivo da concesión ou non dun préstamo. No caso dos algoritmos de IA ou ML é máis complexo que nun modelo econométrico onde se pode explicar a relación de cada variable co seu resultado.

Que  nos espera no futuro?

Pois ben, a día de hoxe a IA xa se atopa presente nun 46% das empresas segundo podemos observar no gráfico, e un 30% está tratando de implántala na súa empresa, observarmos  unha tendencia  crecente no uso das IA. As entidades financieiras necesitan a confianza e atención dos seus clientes, por iso están continuamente enfrontándose a novos desafíos: xerar confianza nos clientes, asesoramento a algúns clientes, abordar a competencia das Fintechs, etc.

Fonte: Financial Planing & Analitics (https://fpalatam.com/inteligencia-artificial-para-finanzas/

Na miña opinión, a aplicación da IA no mundo das finanzas só acaba de comezar, podendo observar que os seus beneficios son cuantiosos e que se trata dunha tecnoloxía que aínda non se atopa en uso en todas as organizacións, co paso do tempo atopamos novos usos e melloras en aspectos nos que xa se viña utilizando. Por iso, é lóxico dicir que o futuro estará baseado na IA posto que permite unha maior efectividade a un menor coste.

Moitas grazas polo voso tempo.

 

Bibliografía

Alonso-Robisco, A., & Carbó, J. M. (Octubre de 2022). INTELIGENCIA ARTIFICIAL Y FINANZAS. Obtido de: https://www.bde.es/f/webbde/SES/Secciones/Publicaciones/PublicacionesSeriadas/DocumentosOcasionales/22/Fich/do2222.pdf

BLÁZQUEZ, A. (17 de Noviembre de 2022). Inteligencia artificial y finanzas: una relación a largo plazo. Obtido de: https://novicap.com/blog/inteligencia-artificial-y-finanzas/

Llácer, V. (s.d.). La inteligencia artificial en las finanzas. Obtido de: https://economia3.com/inteligencia-artificial-finanzas

Montes, G. (9 de Junio de 2018). Cómo afecta y afectará la Inteligencia Artificial al sector financiero. Obtido de:

https://www.eleconomista.es/banca-finanzas/noticias/9195944/06/18/Como-afecta-y-afectara-la-Inteligencia-Artificial-al-sector-financiero.html

Salazar, A. (22 de Marzo de 2018). ¿Existen aplicaciones de inteligencia artificial para Finanzas? Obtido de: https://fpalatam.com/inteligencia-artificial-para-finanzas/


No hay comentarios:

Publicar un comentario