viernes, 22 de agosto de 2014

Benvid@s ao blog da materia Dirección Financeira II

Comenza o curso académico 2014-15. Este é o último curso da vosa titulación, sexa ou non o ano no que rematedes efectivamente... Neste ano é cando máis tedes que traballar o voso currículum, a vosa carta de presentación futura no mercado laboral. Tede moi en conta que non basta un bó expediente académico, que por suposto é importante; cada vez máis o sector empresarial necesita titulados competentes nas diversas áreas nas que poden exercer a súa carreira profesional. As competencias transversais suponen un valor engadido no curriculum cada vez máis valorado polos empregadores. Polo tanto, non deixedes de lado as oportunidades que poidades ter para mellorar a vosa formación en habilidades personais, sociais e directivas, aspectos complementarios clave da vosa formación técnica.
Unha de esas competencias transversais fundamental é a capacidade de comunicación, oral e escrita. E por iso poñemos en marcha este blog, no que todos vos estades invitados a colaborar. Só tedes que redactar una entrada de non mais de 800 palabras, cuxo contido será un comentario persoal sobre algún tema de actualidade relacionado coa temática da asignatura. Logo enviades o texto ao voso profesor, que una vez revisado decidirá a conveniencia ou non da súa publicación.
Animamos pois a todos e todas a participar neste blog, onde tedes una plataforma para compartir as vosas opinións en materia financeira con vosos compañeiros.
Comezamos!
Saúdos dos profesores