lunes, 14 de septiembre de 2015

Benvidos/as ao blog da materia DF II

Xa chegamos á recta final: último ano da titulación!!!!

Curso académico 2015-2016: 4º de carreira. Neste ano é cando máis tedes que traballar o voso currículum, a vosa carta de presentación futura no mercado laboral. Tede moi en conta que non basta un bó expediente académico, que por suposto é importante; cada vez máis o sector empresarial necesita titulados competentes nas diversas áreas nas que poden exercer a súa carreira profesional. As competencias transversais suponen un valor engadido no curriculum, cada vez máis valorado polos empregadores. Polo tanto, non deixedes de lado as oportunidades que poidades ter para mellorar a vosa formación en habilidades personais, sociais e directivas, aspectos complementarios clave da vosa formación académica.

Unha de esas competencias transversais fundamental é a capacidade de comunicación, oral e escrita. E por iso poñemos en marcha este blog, no que todos vos estades invitados a colaborar. Só tedes que redactar una entrada de entre 800-1000 palabras, cuxo contido será unha análise persoal sobre algún tema de actualidade relacionado cos contidos da asignatura. Logo enviades o texto á coordinadora da materia, e unha vez revisado verase a conveniencia ou non da súa publicación.

Para ir calentando motores, este ano imos poñer nome ao blog, un nome atractivo, acorde coa súa temática financeira pero á vez chamativo para que non nos esquezamos de que é de todos os fans deste mundo financeiro tan convulso hoxe en dia. Enviade as vosas propostas a través dun comentario a este post.

Animádevos a participar, aquí tedes unha plataforma para compartir as vosas opinións en materia financeira cos vosos compañeiros.

Comezamos!