Proyecto ApS

Unha perspectiva ética da empresa: a Economía Social desde as dimensións financeira, de gobernanza e igualdade
(IV Convocatoria de proxectos de innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) da USC
Curso 2019-2020)


·       Descrición do proxecto
A Economía Social (ES) é considerada na actualidade un dos piares do modelo social europeo.  A resolución do Parlamento Europeo do19/2/2009 recoñece o dito valor fundamental, ao tempo que pon de manifesto os seus beneficios esperados: “xoga un papel esencial na economía europea sendo quen de conxugar rendabilidade e solidaridade, creando empregos de calidade, reforzando a cohesión social, económica e territorial, xerando capital social, promovendo unha cidadanía activa, a solidariedade e unha forma de economía dotada de valores democráticos, que sitúa ao ser humano nun primeiro plano e contribúe ao desenvolvemento sostible e á innovación social, medioambiental e tecnolóxica”.

En Galicia a ES está presente na práctica totalidade dos sectores económicos  medrando de xeito continuo nos últimos anos e situándose como unha alternativa  de traballo e emprendemento. Sen embargo, segue ao marxe dos plans oficiais de estudo. Porén,  é preciso dar a coñecer as especificidades da ES para poder articular en torno a ela unha traxectoria profesional, visibilizando as competencias necesarias para que o alumnado poda desenvolverse neste eido.

Este proxecto pretende un achegamento a este modelo empresarial focalizado na súa dimensión financeira, de gobernanza e igualdade, tentando cubrir o espazo formativo ausente nos contidos curriculares das materias referidas.

·        Obxectivos para o alumnado de 4º de ADE:
O obxectivo da experiencia é doble: por unha banda, achegar ao alumnado á realidade da ES desde a perspectiva do financiamento ético e solidario (FES), e por outra, que o alumnado participante na parte práctica do proxecto deseñen propostas de mellora destas dimensións para as entidades participantes

·        Entidades colaboradoras:
EspazoCoop. Unión de cooperativas multisectorial que se inspira nos principios e valores cooperativos. Ten como obxectivos -entre outros- a defensa dos intereses das entidades socias e a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo. É responsable da Secretaría técnica de Coop57-GZ.

Fundación Finanzas Éticas. Forma parte do Grupo Banca Ética e realizan o seu traballo a través do impulso da súa base social. Centran as súas actividades, entre outras, nos ámbitos da educación crítica das finanzas e os circuítos financeiros alternativos.

·        Plan de acción:
FASE I. Xornada de achegamento á ES e ás FES: 2 de outubro de 2019

Xornada de traballo conxunta (todo o alumnado da materia e os representantes das entidades colaboradoras) cun doble obxectivo: 

a) Dar a coñecer o valor da Economía Social e o cooperativismo como fórmula de emprendemento neste ámbito.

b)  Coñecer as distintas fórmulas de financiamento que se enmarcan na Economía Social, esto é, as denominadas fontes de financiamento ético e solidario (FES) e cómo operan as entidades presentes en Galicia neste ámbito, como son as cooperativas de servizos financeiros, as cooperativas de crédito e as asociacións de interese solidario.


Introducción á Economía Social. Ana Olveira. Representante de EspazoCoop


As finanzas éticas. Antón Insua (Coop 56), Gonzalo Gesto (Fiare Banca Étca) e
 Loreto Fernández (coordinadora do proxecto)

FASE II. Seminarios prácticos sobre evaluación económica y social de proyectos de Economía Social: 9 e 16 de outubro de 2019

Realizanse dúas actividades cos grupos interactivos involucrados na parte práctica do proxecto:

1ª) Seminario sobre avaluación de proxectos de Economía Social (venres 9 de outubro). Na clase interactiva da semana, responsables da asistencia técnica de Coop57-GZ e de Fiare Banca Ética explican a metodoloxía empregada na avaliación de proxectos, que ten en conta tanto criterios económicos como de impacto social. Horario:
Grupo CLIS 2:
9:30 h a 10:30 – Fiare
10:30 a 11:30 – Coop 57
Grupo CLIS 1:
11:45 a 12:45 – Fiare
12:45 a 13:45 – Coop 57


Seminario 1. Evaluación de proxectos de Economía Social. Antón Insua, Coop 57


Seminario 1. Casos prácticos de evaluación de proxectos de impacto social. 
Alejandro García, Gestor de Relaciones, Oficina Fiare Banca Ética Bilbao 

) Caso práctico (venres, 16 de outubro): Visita a un dos proxectos de Economía Social que obtivo financiamento ético na súa posta en marcha, a Sociedade Cooperativa Numax. Un dos socios fundadores do proxecto, Carlos Hidalgo, explica a súa experiencia de emprendemento e como foi a estructura do seu financiamento. 

Seminario 2. Caso práctico.
Carlos Hidalgo, Socio fundador de NUMAX, S. Coop. Galega

FASE III. Traballo académico / servizo prestado

O alumnado traballa en grupos cunha das empresas escollidas polas entidades colaboradoras para elaborar un diagnóstico da súa situación económico-financeira e plantexar propostas, tanto de mellora do seu actual plan financeiro como dunha posible estratexia de cara ao seu futuro desenvolvemento.

Os traballos resultarán en dous entregables  

-  Un informe cos resultados da análise feita. Este estudo trata de responder aos obxectivos propostos nun proxecto ApS:
o  Por unha banda: O traballo académico mostra o resultado da aprendizaxe dos coñecementos expostos na materia, particularmente nos seminarios organizados.
o    Por outra banda, o servicio ás empresas: o informe pode servir como punto de partida para o desenvolvemento de estratexias innovadoras e de cambio, que impliquen a solicitude de recursos financeiros, a revisión do proceso de toma de decisións ou a implementación de plans de igualdade.


- Un vídeo de presentación do caso: con esta ferramenta preténdese evaluar as competencias transversais propostas no proxecto, como a capacidade de comunicación oral.  

Data máxima de entrega: 20 de decembro de 2019.

Avaliación


O cumprimento das distintas fases do proxecto é avaliado cun peso do 20% na cualificación final da materia.


TRABALLOS REALIZADOS: 




VIDEOS PRESENTACIONS (algúns exemplos):


Miraxe (Leticia Castro y Sandra Chico)


Nova Aseconia (Victor de la Cruz y Javier Domínguez)





SERAGRO (Ana Alfonsín y Adrián Aldrey)


PANXEA (Desiré Alonso, Tamara Armenteros y Jingli Chang)



ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:



Presentación do informe "Las Finanzas Éticas en Europa". Por parte de Jordi Ibáñez, Director da Fundación Banca Ética e co-autor do Informe (12/02/2020)




Presentación dos resultados do proxecto ApS na Semana Universitaria da Economía Social (26/02/2020)


Compartimos o proxecto no European Observatory of Service-Learning in Higher Education: 


      



No hay comentarios:

Publicar un comentario