Nos últimos anos e co paso dos días estase transformando a forma de facer transaccións. Co paso dos anos estamos vendo cambiar a forma de realizar operacións financeiras, o que nos leva a analizar se a tecnoloxía Blockchain vai ser o futuro de todas as transaccións financeiras.
Canto tempo fai desde a última vez que pagaches
máis de 100 € con billetes? Usaches algunha vez o cheque como forma de pago?
Sénteste estrano se non usas tarxeta de crédito ou pagas co teu móbil a través
de Bizum? Canto tardará en popularizarse o uso de criptomoedas na vida cotiá?
Vou a comezar definindo en qué consiste
exactamente a “tecnoloxía Blockchain” pois como me pasou a min mesmo é
un concepto que antes de cursar a materia de Dirección Financeira apenas
escoitei sobre ela. Como define a prestixiosa Escola de Negocios da Innovación e
os Emprendedores (IEBS), “a tecnoloxía Blockchain é unha tecnoloxía baseada
nunha cadea de bloques de operacións descentralizada e pública. (...). É como
un gran libro de contabilidade inmodificable e compartido que van escribindo unha
gran cantidade de ordenadores ao mesmo tempo.”
Non obstante, a pregunta que xorde é: como se pode
aplicar isto ás finanzas?
En primeiro lugar, o que nos aportaría esta
tecnoloxía sería unha maior seguridade e privacidade. Vouno mostra cun simple
exemplo. Se queres transferir 1.000 €, telo que realizar a través da túa banca
electrónica ou por métodos de pago como PayPal. Pero estes axentes para
realizar as transaccións recollen os teus datos persoais, rexistran a túa
actividade, etc., polo que estas grandes entidades tecnolóxicas están
acumulando información que aproveitan para comercializala e realizar
publicidade ultrapersonalizada (“falsa seguridade”). Ademais, este tipo de
entidades pódenche cobrar unha comisión, iso sen mencionar que o usuario xa non
é dono de ningunha parte do proceso.
En cambio, utilizando esta tecnoloxía, a
transacción quedaría rexistrada nun bloque que é validada por un ordenador
independente (os usuarios que a validan non coñecen a identidade dos intervenientes
da transacción e reciben Bitcoins polo seu traballo) e xa non podería
ser borrada tendo cada usuario plena dispoñibilidade da mesma en calquera
momento. Dado que cada bloque está matematicamente vinculado ao bloque seguinte, unha
vez que se engade un novo bloque á cadea, o mesmo vólvese inalterable. Se un
bloque modifica a súa relación coa cadea, rómpese. É dicir, que toda a
información rexistrada nos bloques é inmutable e perpetua. A base desta tecnoloxía
é o consenso, pois se todos os nodos teñen e comparten a mesma información, a
toman como válida. Simple, rápido e sen intermediarios.
Non obstante, esta tecnoloxía tamén presenta
desvantaxes. Como dixen antes, a información que permanece nesta rede é
inmutable, pero isto pode traer consecuencias, xa que se te equivocas no
rexistro da información ou esquéceste dos datos de aceso ao teu usuario (feito
que soe ser bastante común), é moi complexo poder atoparlle solución. En
consecuencia, é unha tecnoloxía que aínda ten que superar determinados
obstáculos.
Cabe mencionar que esta novidosa tecnoloxía non só
é útil para as transaccións financeiras senón que poden aplicarse a diferentes
ámbitos ou mesmo revolucionar a xestión do sector público. Algunhas das súas
aplicacións serían: o almacenamento na nube (a vantaxe de presentar unha maior
lonxevidade dos datos), identidades dixitais (evita a suplantación de
identidades), rexistro e verificación de datos (ao ser descentralizado presenta
maior seguridade), cadeas de subministro (mellora a xestión da loxística), entre
outras.
En España, estanse desenvolvendo proxectos pioneiros baseados na tecnoloxía Blockchain desenvolvidos por empresas como Acciona, Cabify, Banco Santander, Caixabank, Mapfre, Naturgy e Repsol.
Gráfico obtido da
web statista |
Segundo un estudo de IDC sobre o “Blockchain” na empresa española, actualmente a penetración desta tecnoloxía nas compañías de máis de 50 empregados é do 11%. Particularmente, nas finanzas (un dos sectores que máis utiliza esta tecnoloxía), para 2025, IDC estima que o 20% dos préstamos ao consumo xa se transfira nunha moeda dixital do banco central.
Por outro lado, PwC prevé que esta tecnoloxía produza un impacto no PIB español en 2030 de 20.182 millóns de euros (cun impacto no PIB mundial de 1,48 billóns de euros, onde case a metade deles son de China e EE.UU). De acordo con este informe, a taxa de crecemento anual desta tecnoloxía (CAGR) en Europa occidental será do 47% de 2020 a 2024.
Na miña opinión, trátase dunha tecnoloxía con
moito potencial xa que permite solucionar diferentes problemas como pode ser a
seguridade ou a xestión da información. Sobre todo, nestes días nos que
proliferan os ciberataques ou intentos de estafa ás contas bancarias dos
particulares. Penso que chegará a ser o futuro das transaccións financeiras, o
que fará necesario proporcionar información á poboación sobre esta tecnoloxía.
O maior inimigo das innovacións é o descoñecemento e o medo sobre as mesmas.
Entón, que opinades? Convertirase nunha forma nova
de realizar transaccións ou quedarase nunha quimera como pasou con outras
tecnoloxías?
Moitas grazas por ler o meu artigo.
Referencias:
- Deloitte. (s.f.). Obtido de https://www2.deloitte.com/es/es/pages/financial-services/articles/blockchain-transformacion-finanzas-cfos.html
- El Economista. (10 de Abril de 2021). Obtido de https://www.eleconomista.es/tecnologia/noticias/11151497/04/21/El-blockchain-generara-un-impacto-de-mas-de-20000-millones-en-Espana-en-2030.html
- Federico Camargo. (s.f.). Obtido de https://camargo.life/blockchain-ventajas-y-desventajas/
- Fernández, H. (21 de Abril de 2020). Economía TIC. Obtido de https://economiatic.com/blockchain/
- HURTADO, J. S. (30 de Septiembre de 2021). Escola de Negocios da Innovación e os Emprendedores. Obtido de https://www.iebschool.com/blog/blockchain-cadena-bloques-revoluciona-sector-financiero-finanzas/
- IBM. (s.f.). Obtido de https://www.ibm.com/es-es/topics/what-is-blockchain
- LISA Institute. (12 de Maio de 2021). Obtido de https://www.lisainstitute.com/blogs/blog/criptomonedas-usos-ventajas-futuro
- Pastorino, C. (4 de Setembro de 2018). Welivesecurity. Obtido de https://www.welivesecurity.com/la-es/2018/09/04/blockchain-que-es-como-funciona-y-como-se-esta-usando-en-el-mercado/