Como estudante de Administración e Dirección de Empresas e máis concretamente da materia Dirección Financeira II, resúltame realmente interesante tratar este tema. Penso que todos aqueles que pretendamos ser bos empresarios nun futuro e desexemos traballar man a man coas finanzas debemos coñecer termos como “fintech”, pois cada vez están a gañar maior relevancia.
Quen non desexa ter
as mellores condicións á hora de ofrecer e recibir crédito? Quen non quere
obter os mellores resultados? Pois, baseándonos nisto, en moitas ocasións
decantámonos por alternativas tales como empresas de crowdlending ou mesmo pequenas axencias inmobiliarias que permiten
que certos inversores compren unha pequena participación dun inmoble e obteñan
unha determinada rendibilidade. En definitiva, existen diversos inversores que
desexan diversificar as súas inversións máis aló das opcións que lle poida
ofrecer un banco e hai pequenas empresas capaces de facerlle fronte a outras de
maior tamaño, empresas que aplican a tecnoloxía nas súas actividades diarias e
provocan que co paso do tempo un maior número de compañías de gran tamaño
desexen incorporar tales avances nas súas finanzas. De feito, os bancos están
cada vez máis interesados polas fintech.
Tras esta pequena
introdución, paréceme importante ofrecer una definición de fintech para poder
comprender mellor de que estamos a falar e, deste xeito, poder profundar máis
no tema nos seguintes parágrafos. Segundo o Club Fintech de Wharton, as fintech son unha industria composta por
diferentes empresas que empregan a tecnoloxía para conseguir que os mercados
financeiros gañen eficiencia. Ou o que é o mesmo, fintech fai referencia a un grupo de empresas que se dedican a
ofrecer servizos financeiros innovadores, preferentemente a través de novos
canais de distribución. E isto é algo que, baixo o meu punto de vista, se pode
relacionar en gran medida con diversos aspectos estudados en Dirección
Financeira II.
As fintech máis que camiñar en contra dos
bancos desexan colaborar con eles, estreitar lazos cos mesmos. Que a gran
competencia que levan a cabo as fintech
a través de tecnoloxía informática contra a banca tradicional non sempre remata
nunha guerra, se non que se poden chegar a unir e xerar, deste xeito, enormes
beneficios para o cliente. Navegando pola rede
atopei un caso que, ao meu parecer, exemplifica isto de maneira adecuada, un caso no que se poden apreciar os beneficios da suma fintech e banca tradicional. Ben é certo
que igual vos resulta familiar, pois é bastante recente. Trata da colaboración
entre Evo Banco e Finizens, un exemplo que mostra como un banco tradicional é
capaz de elaborar un produto financeiro empregando a tecnoloxía dunha fintech. A través dun algoritmo, o robo – advisor de Finizens xestiona de
maneira automática a carteira do inversor de Evo Banco, adquirindo accións do
mercado bursátil segundo a súa rendibilidade. Con isto o cliente obtén un beneficio
claro, xa que sen esta ferramenta, o cliente debería estar pendente da súa
inversión ou mesmo tería que pagarlle a un xestor para que lle axudase a
facelo.
Moitos pregúntanse
se se trata de algo seguro para xestionar as empresas e incluso reflexionan
sobre se se tratará simplemente dunha moda pasaxeira. Pois ben, eu non podo
responder a estas preguntas, mais gustaríame rematar cunha frase que recordaba o
economista Santiago Carbó nun dos seus múltiples artigos: “En los servicios financieros se hace siempre lo mismo, lo que cambia es
el modo de hacerlo. Y eso, a veces, lo es todo”. E, quizais, isto é o que
ocorre co fintech.
Moitas grazas a
todos por adicarme un anaquiño do voso tempo.
Páxinas web
consultadas: