Cando falamos de problemas éticos e morais, inconscientemente, tendemos a pensar na política, nas grandes decisións dos países respecto a conflitos internacionais ou na corrupción da sociedade. Non obstante, poucas veces tense en conta que a base destas decisións radica en pequenos xestos cotiás na economía, e por extensión no eido das finanzas.
Coa caída de Lehman Brothers e o
comezo da crise económica en 2008 empezan a aflorar día tras día e ano tras ano
multitude de casos de corrupción no mundo político e empresarial, sendo moi
sonados en España aqueles de contabilidade creativa ou de opción preferentes.
Sen embargo, antes do estalido da crise semellaba que non importaban os medios
que se seguiran pra obter beneficios. Así, en lugar de escoller os camiños máis
longos e seguros, a maioría das empresas emprendía osadas aventuras sen ter en
conta as repercusións que podían ter.
A pesares do cambio de tendencia hai
determinadas situacións, propias do sistema financieiro capitalista, nas que
siguen xurdindo problemas éticos e morais ao respecto de determinados negocios.
Recentemente, entre todas a información arredor da crise sanitaria do ébola,
xurdía unha nova sobre industrias e empresas que
están sacando beneficios da mesma[2]. Se ben algunha destas empresas,
concretamente a tenda online de Nigeria, "JUMIA", resulta ser
consecuencia fortuita da reacción da xente a evitar as grandes aglomeracións de
xente. Os outros casos poden resultar máis polémicos:
·
Lakeland
Industries, Top Glove e a Industria Farmacéutica.
Do mesmo xeito que JUMIA, estas
dúas empresas, adicadas a venta de roupa de protección e aillamento e guantes
de goma. Ambas empresas experimentaron un aumento do 30% e o 10%
respectivamente na cotización das súa accións. Por outra banda, na industria
farmacéutica, todas as empresas que están a traballar nunha cura da enfermidade
están a experimentar grandes ascensos na súa cotización bursátil. Un caso a
destacar é a empresa farmacéutica Tekmira, que o pasado día 1 de Outubro
experimentou un aumento do 18% ao detectarse o primeiro enfermo de ébola nos
Estados Unidos.
Se ben está claro que o servizo e a
investigación que realizan estas empresas debe seguir adiante, poderíase debater
largo e tendido da ética de moitos inversores que tratan de especular con estas
empresas, especialmente coas do sector farmacéutico, tratando de obter
rendementos financieiros sen preocuparlle hundir a estas empresas polo camiño,
e con elas estas investigacións.
·
Mercado
de futuros do cacao.
Nas últimas semanas, os futuros do cacao acadaron o seu valor máximo dende 2011 polo temor a que o brote de ébola
exténdase por África Occidental, afectando a Costa de Marfíl e Ghana. Estes
dous países concentran o 60% da producción mundial do cacao, e se a epidemia
chega a eles, esta podería colapsar. Por esta razón moitos inversores están
aproveitando pra especular co prezo desta semilla, a espera da repercusión
final que teña a epidema.
Os futuros son unha forma de garantir un
determinado prezo pra unha cantidade dun producto nunha data fixada. Deste xeito, compradores e vendededores poden
asegurarse un prezo que cubra o risco de que nun futuro este aumente ou
disminúa de valor. O problema xurde cando estes compradores e vendedores
son especuladores aos
que só lles interesa comprar a materia prima agora e vendela posteriormente a
un prezo maior.
A vista da evolución da nosa sociedade
tan só nos queda reflexionar qué é o que queremos nun futuro. Dende a miña
opinión toda a sociedade precisa dunha profunda reestruturación e un replantexamento
dende a base, algo para o cal faise imperativa unha concienciación social que
non permita a máis leve corrupción ou abuso de poder por parte dos directivos,
de tal xeito que estes leven a súa empresa e ao conxunto da sociedade ao mellor
fin. Ainda así, quedan moitos temas para o debate, como as empresas que
mencionaba de protección frente ao ébola, que non podemos xulgalas por estar a
beneficiarse do mesmo xa que están a contribuír a seguridade dos profesionais
que velan pola nosa saúde. Como adoitase dicir, o mundo é unha escala de grises
que convén analizar, xa que non todo é branco ou negro.
Pablo Andrés Villaverde Castro