Marco González Jorge, curso 2022-23
A intelixencia artificial (IA) estase convertendo nunha ferramenta cada vez más valiosa no mundo financeiro. Desde a automatización de procesos hasta a toma de decisións, a IA está axudando as institucións financeiras a ser máis eficientes, precisas e rendibles.
De seguro que escoitaches falar da IA con
anterioridade pero non tes unha concepción exacta do que se trata, pois ben, non existe unha definición aceptada por todos
os expertos do que significa; primeiro, porque é unha ciencia bastante nova,
cambiante e experimental e, segundo, porque nin sequera podemos definir con
exactitude que é a intelixencia humana. Aínda así podemos dicir que se trata de
sistemas informáticos que realizan análisis de datos e, a partir de estos,
toman decisións similares ás dos seres humanos.
Como se aplica no mundo das finanzas?
Comezarei por facer unha introdución da IA no mundo
financeiro para logo ir especificando máis as súas virtudes. A industria
financeira foi a pioneira no momento de implementar o uso das novas tecnoloxías
(surdindo o termo Fintech), como é o caso da IA e as ferramentas de
aprendizaxe automática, que se posicionan entre as primeiras na clasificación
das tecnoloxías máis revolucionarias no mercado financeiro. Teñen a capacidade
de sistematizar e automatizar tarefas incrementando a eficacia dos procesos.
Nesta nova era, as distintas entidades bancarias, na súa maioría, son conscientes
das vantaxes que supón a implementación da IA para o negocio financeiro.
Dentro
da IA, a aprendizaxe automática ou machine learning (ML) é un
subconxunto de técnicas que permiten usar modelos matemáticos para que os
computadores aprendan automaticamente a partir dunha serie de datos existentes
sen instrucións directas. A ML ten un beneficio potencial na área financeira,
xa que, por exemplo, pode calcular con maior precisión o cociente de falta de
pagamentos. Na prevención da fraude e o control do branqueo de capitais, é
probablemente onde máis se estendeu a posta en produción de modelos de ML. Pero
existen moitos máis campos nos que a IA ten unha función importante dentro de
este sector.
1. 1. Atención
personalizada en liña
A
tecnoloxía está a facer que as oficinas físicas desaparezan xa que non ofrecen
un servizo cunha resposta tan inmediata. Podémolo observar a través das
numerosas aplicacións e plataformas que permiten realizar transaccións, revisar
balances, programar pagos, etc.
2. 2. Servizos
de investimento
Coas
ferramentas que proporciona a IA os investidores deixaron de “xogar” co seu
diñeiro, grazas a que mediante uns algoritmos de alta frecuencia de
investimento, que monitorizan a
información en tempo real e axudan a tomar as decisións de investimento.
3. 3. Decisións
de crédito
Cando
se concede un crédito requírese a avaliación do risco de falta de pagamento (default),
e grazas á IA pódense tomar decisións mellor informadas e cun custo moito menor.
4. 4. Xestión de
risco
Una
das maiores problemáticas para a entidades financeiras é avaliar o risco que con
leva un crédito (rating). Utilizando a IA pódense realizar análises en
tempo real que elaboran predicións fiables, en base a algoritmos que son
capaces de procesar inxentes cantidades de datos estruturados e non
estruturados en pouco tempo. Así podemos
obter unha visión en tempo real do risco e axilizar a toma de decisións.
5. 5. Prevención
de fraude
Por
mor da expansión do uso do comercio electrónico cada vez son máis frecuentes as
fraudes, a IA é capaz de analizar comportamentos dos usuarios, hábitos de
compra e localización, con esta información pode detectar posibles fraudes.
Só existen vantaxes... ou tamén ten desvantaxes?
En primeiro
lugar, quero destacar que a súa principal fortaleza sería a precisión na prevención
de fraudes ou o deseño de alertas temperás por posible falta de pagamentos, a
precisión na predición é un punto a favor dos ML, dado que queremos dar unha
maior prioridade á identificación temperá dun suceso en lugar de coñecer os
factores da súa aparición.
Por
outra banda, a debilidade que podería mencionar sería a interpretabilidade na
concesión de préstamos xa que, tanto en Europa como en Estados Unidos as entidades
están obrigadas a explicar o motivo da concesión ou non dun préstamo. No caso
dos algoritmos de IA ou ML é máis complexo que nun modelo econométrico onde se
pode explicar a relación de cada variable co seu resultado.
Que nos espera no
futuro?
Pois
ben, a día de hoxe a IA xa se atopa presente nun 46% das empresas segundo
podemos observar no gráfico, e un 30% está tratando de implántala na súa empresa,
observarmos unha tendencia crecente no uso das IA. As entidades financieiras
necesitan a confianza e atención dos seus clientes, por iso están continuamente
enfrontándose a novos desafíos: xerar confianza nos clientes, asesoramento a
algúns clientes, abordar a competencia das Fintechs, etc.
Fonte: Financial Planing & Analitics (https://fpalatam.com/inteligencia-artificial-para-finanzas/) |
Na
miña opinión, a aplicación da IA no mundo das finanzas só acaba de comezar,
podendo observar que os seus beneficios son cuantiosos e que se trata dunha
tecnoloxía que aínda non se atopa en uso en todas as organizacións, co paso do
tempo atopamos novos usos e melloras en aspectos nos que xa se viña utilizando.
Por iso, é lóxico dicir que o futuro estará baseado na IA posto que permite
unha maior efectividade a un menor coste.
Moitas grazas polo voso tempo.
Bibliografía
Alonso-Robisco, A., &
Carbó, J. M. (Octubre de 2022). INTELIGENCIA ARTIFICIAL Y FINANZAS. Obtido
de: https://www.bde.es/f/webbde/SES/Secciones/Publicaciones/PublicacionesSeriadas/DocumentosOcasionales/22/Fich/do2222.pdf
BLÁZQUEZ, A. (17 de
Noviembre de 2022). Inteligencia artificial y finanzas: una relación a largo
plazo. Obtido de: https://novicap.com/blog/inteligencia-artificial-y-finanzas/
Llácer, V. (s.d.). La inteligencia artificial en las
finanzas. Obtido de: https://economia3.com/inteligencia-artificial-finanzas
Montes, G. (9 de Junio de 2018). Cómo afecta y afectará
la Inteligencia Artificial al sector financiero. Obtido de:
Salazar, A. (22 de Marzo de 2018). ¿Existen
aplicaciones de inteligencia artificial para Finanzas? Obtido de: https://fpalatam.com/inteligencia-artificial-para-finanzas/